Blog de 3º ciclo
Este é o Blog dos profes, alumnos e alumnas do 3º Ciclo do colexio Virxe do Carme de Burela
xoves, 26 de xaneiro de 2017
martes, 15 de decembro de 2015
VIAXE DE 6º A SOTAVENTO
O xoves, día 10 de decembro, o alumnado de 6º nivel viaxou a Sotavento(Xermade) acompañado de dúas mestras para ver o aproveitamento das enerxías renovables; especialmente a casa bioclimática que entusiasmou aos nenos e nenas.
Foi unha visita moi interesante que rematou cunha tarde ben divertida na praia fluvial de Vilalba, a carón do río Madalena.
xoves, 26 de novembro de 2015
5º NIVEL VIAXA A SANTIAGO
O mércores, día 18 de novembro, o alumnado de 5º nivel trasladouse a Santiago acompañado das súas mestras para visitar o Parlamento de Galicia, o Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) e a praza do Obradoiro. Foi unha visita moi interesante onde os nenos e nenas desfrutaron aprendendo moitas cousas novas.
xoves, 5 de novembro de 2015
MAQUETAS DOS RÍOS DE ESPAÑA
Alumnos e alumnas de 6ºB fixeron maquetas para amosarnos gráficamente o percorrido dos principales ríos por España. Noraboa polo seu traballo.
mércores, 30 de setembro de 2015
Semana da Mobilidade : Kars no Pavillón.
O pasado 16 de
setembro os alumnos/as de 5º desfrutaron dunha divertida xornada de Kars
, na que, ademais de aprender normas básicas de circulación,
comportáronse como expertos condutores do que queda constancia nas
seguintes imaxes.
Karts on PhotoPeach
OLA DE NOVO!!
Despois dun tempo inactivo, o blog de 5º e 6º bota de novo a andar. Pretendemos que sexa un lugar onde alumnado, familias e mestres atopen actividades realizadas no colexio, outras para poder reforzar contidos traballados, ver fotografías de viaxes e distintas celebracións que se leven a cabo ao longo do curso...etc.
Dámosvos a benvida ao novo curso 2015/16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)